Categorías
Vivenda

Tes unha habitación libre?

Colabora coas veciñas e veciños en risco de quedar na rúa

A raíz da crise do COVID19 e sobre todo nas últimas semanas, están a chegar aos GAM moitos casos de veciños e veciñas que están quedando sen habitación e corren o risco de ficar na rúa. Isto non é novo, só vén agravar unha realidade xa moi complexa dun mercado do alugueiro en plena burbulla que dá lugar a desafiuzamentos, precariedade e pobreza.

Fronte a iso, facemos unha chamada á solidariedade comunitaria.

Que procuramos?

Habitacións, pisos ou apartamentos onde poidan instalarse as nosas veciñas de xeito urxente.

Como o facemos?

Se tes algúnha solución habitacional dispoñible, envía o formulario que está máis abaixo. Poñerémonos en contacto contigo.

Hai algunha garantía?

Os GAM somos un colectivo de veciños e veciñas organizadas para apoiarnos entre nós: cada caso recibe un seguimento e estamos pendentes doutras necesidades que poidan xurdir.

Moitas grazas pola colaboración. Desta crise só saímos en común!


0 0 vote
Article Rating
Subscribe
Notify of
guest
0 Comments
Inline Feedbacks
View all comments