Repositorio de Iniciativas

14/03/2020 – GAM Coruña Norte

Hoxe redactamos un modelo de circular para imprimir ou copiar a man e pegar nos portais, para presentarnos ante os veciños, dar ánimos e ofrecer a nosa axuda no que puideran necesitala.

15/02/2020 – GAM Eirís

Hoxe (previo lavado de mans) deixámoslle por baixo da porta de casa unhas notas manuscritas á xentiña maior do edificio, ofrecéndonos para baixar á compra ou o que fose e poñendo o teléfono fixo e móbil. Pola parte de atrás as nenas fixéronlles un debuxo.

Cando menos unha (creo que é a única que está) chamou por teléfono e pasamos un rato agradable por teléfono.

Entretemento por partida doble, para as pequenas da casa e para os veciños maiores.