Categorías
Protocolo

Protocolo para participar nos grupos

Grazas por participar neste Grupo de Telegram ou Whatsapp! 

O obxectivo dos grupos dos GAM é compartir necesidades entre veciñas e veciños e organizarnos para darlles resposta na medida do posible. Para que os grupos se manteñan operativos é fundamental que evitemos compartir demasiada información e sigamos unhas normas sinxelas:  

♥️ Mantén as formas e trata ben á xente que participa no grupo. Evita en todo momento as faltas de respecto e a linguaxe agresiva.

???? Evita facer SPAM enviando información que non sexa relativa as necesidades das veciñas ou convocatorias de mobilización social que poidan ser de axuda. 

???? Evita o ton alarmista ou que poida xerar estados de ansiedade ou pánico. Estas emocións non axudan ao grupo.

???? Envía únicamente información contrastada ou de fontes fiables. Evitemos os bulos e as fake news.

???? Non reenvíes cadeas de mensaxes, vídeos, fotos e audios que non sexan necesidades ou demandas concretas que se podan detectar ou se demanden no barrio.

???? Non difundas propostas ou medidas de grupos políticos. Os GAM son iniciativas comunitarias e hai xente diversa.

???? Se hai unha conversa ou un debate en marcha, no o interrumpas: agarda a que remate para intervir, respecta os tempos das demais.

✏️ Escribe mensaxes concisas indicando: necesidade detectada, zona e/ou proposta de solución.

✅ Ante unha necesidade, contesta só cando poidas prestar axuda. Se necesitas aclarar algunha cuestión, contacta por privado coa demandante da axuda. Confirmade no grupo cando se resolva a situación. 

⁉️ Se o que se demanda é información e tes acceso a ella, contesta no propio grupo, por se alguén ten a mesma dúbida. Non dupliques informacións nin incidas nun mesmo tema xa falado.

???? Respecta o descanso das usuarias de este chat: evita enviar mensaxes en horas de descanso.

Fagamos de estes grupos espazos amables e operativos!


0 0 vote
Article Rating
Subscribe
Notify of
guest
1 Comment
Newest
Oldest Most Voted
Inline Feedbacks
View all comments
Marta Cortacans
Marta Cortacans
6 months ago

Moi necesario! Gracias!!