Protocolo entregas a domicilio

Na entrega a domicilio é necesario adoptar unha serie de precaucións a fin de evitar os riscos innecesarios.

Recoméndase que as persoas que acudan a face-la entrega, fágano provistas de luvas que posteriormente se podan desbotar.

Recoméndase manter a distancia mínima dun metro coa persoa á que se lle faga a entrega.

No caso de non ser posible, ou no caso de pacentes diagnosticados ou sospeitosos de infección polo coronavirus SARS-CoV-2 recoméndase o uso de mascarilla.

1️⃣ É recomendable depositar o paquete solicitado diante da porta do domicilio.

2️⃣ Chamar ao timbre e separarse a continuación á distancia de seguridade recomendada.

3️⃣ Suxírese que, de existir intercambio de cartos, previamente se indique por teléfono que dispoña do importe exacto e, no momento da entrega, se lle solicite que deposite os cartos nunha caixa que levará o voluntario.

4️⃣ Se non dispón do importe exacto, se deixará o cambio na porta xunto co envío.

5️⃣ Unha vez pechada a porta, se recollerán os cartos.

6️⃣ Desbotaránse as luvas ao sair do edificio.