Colabora!

O primeiro que podes facer é unirte ao teu GAM de barrio, apuntándote ao grupo de telegram ou whatsapp da túa zona ou, no caso de que non exista, crear un novo seguindo estes pasos.

Tamén podes colaborar económicamente cos GAM nas Caixas de Resistencia Veciñais que hai instaladas nos diferentes barrios da Coruña.

Nestes foros de necesidades e ofrecementos de axuda iremos ordenando (territorial e cronolóxicamente) as alertas de necesidades que nos vaian transmitindo os veciños ou que vaiamos detectando colectivamente nos distintos barrios, coa intención de dar solucións de cercanía, a través da xente activa nos GAM de barrio e que se atope máis próxima ao punto onde se produce a alerta.

En calquera destas accións é fundamental seguir as instruccións dos expertos sanitarios para evitar a infección e propagación do virus.

Podes participar en ambos os dous foros: son anónimos (aínda que está moderado, para evitar spam e intervencións non acaídas para a temática).

Necesito axuda

Ofrezo
axuda