Caixas de resistencia veciñais

Que son?

As caixas de resistencia veciñais son unha ferramenta dos Grupos de Apoio Mutuo (GAM) para recoller as colaboracións de veciños e veciñas solidarias nos diferentes barrios da Coruña e empregar estes recursos na compra de alimentos e produtos básicos para as familias máis golpeadas pola crise.

Como funcionan?

A túa colaboración queda rexistrada pola túa tenda e polos GAM, e será empregada para que as familias do barrio que máis o precisan poidan facer a compra nesta mesma tenda (ou noutra do barrio). Podes ver os movementos nesta mesma páxina, tenda por tenda.

Por que o facedes así?

Os GAM somos un colectivo informal, conformado por veciñas e veciños preocupados pola situación da xente que vive ao noso redor. Estas caixas de resistencia permítennos axudar desde os nosos propios barrios e ademais, colaboramos cos comercios locais que temos ao lado.

Podo facer algo máis?

Claro! Hai activos GAM en 12 barrios da cidade, e grupos de traballo para atender distintos problemas que nos afectan como veciñas (comercio local, emerxencia alimentaria, cose na casa, dereito a vivenda, acompañamento emocional, cicloloxística). Anótate aquí!

Onde están?