Avenida de Arteixo, 97 (15007)
Froitería na Avenida de Arteixo con produtos frescos, froitas, verduras e outros produtos de primeira necesidade.
Avenida de Arteixo, 97 (15007)
Froitería na Avenida de Arteixo con produtos frescos, froitas, verduras e outros produtos de primeira necesidade.
Rúa Forcarei (15002)
Mercado municipal do barrio de Monte Alto, no que están instaladas varias caixas de resistencia veciñais, nos postos seguintes:
Rúa da Torre, 58 (15002)
Peixería tradicional especializad en peixe do día. Unha referencia na Rúa da Torre. Abre de martes a sábado, nas mañás.
Ramón Pérez Costales, 15006
Tenda de produtos diversos, variados e de calidade, ubicada nos Catro Camiños, moi cerca da Praza da Palloza. Abre de luns a venres de 9 a 16h e os sábados de 9 a 15h.
A raíz da crise do COVID19 e sobre todo nas últimas semanas, están a chegar aos GAM moitos casos de veciños e veciñas que están quedando sen habitación e corren o risco de ficar na rúa. Isto non é novo, só vén agravar unha realidade xa moi complexa dun mercado do alugueiro en plena burbulla que dá lugar a desafiuzamentos, precariedade e pobreza.
Fronte a iso, facemos unha chamada á solidariedade comunitaria.
Habitacións, pisos ou apartamentos onde poidan instalarse as nosas veciñas de xeito urxente.
Se tes algúnha solución habitacional dispoñible, envía o formulario que está máis abaixo. Poñerémonos en contacto contigo.
Os GAM somos un colectivo de veciños e veciñas organizadas para apoiarnos entre nós: cada caso recibe un seguimento e estamos pendentes doutras necesidades que poidan xurdir.
Moitas grazas pola colaboración. Desta crise só saímos en común!
Rúa Arco, 6 15003
Teléfono 881 88 45 05
Espazo de vida alternativa, alimentación e moda sostible. Abre de luns a sábado, a partir das 10:30h.
Rúa Diego Delicado, 15, 15007
Peixería tradicional nos Mallos, con máis de 50 anos de historia, onde atopar peixes e mariscos do día. Abre de martes a sábado.
Rúa Orillamar, 98, 15002
Teléfono 981 22 92 82
Tenda con unha grande variades de produtos (froitería, doces, verduras…). Abre de luns a domingo (agás os martes, que pecha por descanso).
Rúa San Xoán, 11 (15001)
Tenda con produtos de alimentación básicos e de calidade. Atende de luns a venres de 9 a 18, sábado domingo e festivos de 10 a 15:30
O obxectivo dos grupos dos GAM é compartir necesidades entre veciñas e veciños e organizarnos para darlles resposta na medida do posible. Para que os grupos se manteñan operativos é fundamental que evitemos compartir demasiada información e sigamos unhas normas sinxelas:
♥️ Mantén as formas e trata ben á xente que participa no grupo. Evita en todo momento as faltas de respecto e a linguaxe agresiva.
???? Evita facer SPAM enviando información que non sexa relativa as necesidades das veciñas ou convocatorias de mobilización social que poidan ser de axuda.
???? Evita o ton alarmista ou que poida xerar estados de ansiedade ou pánico. Estas emocións non axudan ao grupo.
???? Envía únicamente información contrastada ou de fontes fiables. Evitemos os bulos e as fake news.
???? Non reenvíes cadeas de mensaxes, vídeos, fotos e audios que non sexan necesidades ou demandas concretas que se podan detectar ou se demanden no barrio.
???? Non difundas propostas ou medidas de grupos políticos. Os GAM son iniciativas comunitarias e hai xente diversa.
???? Se hai unha conversa ou un debate en marcha, no o interrumpas: agarda a que remate para intervir, respecta os tempos das demais.
✏️ Escribe mensaxes concisas indicando: necesidade detectada, zona e/ou proposta de solución.
✅ Ante unha necesidade, contesta só cando poidas prestar axuda. Se necesitas aclarar algunha cuestión, contacta por privado coa demandante da axuda. Confirmade no grupo cando se resolva a situación.
⁉️ Se o que se demanda é información e tes acceso a ella, contesta no propio grupo, por se alguén ten a mesma dúbida. Non dupliques informacións nin incidas nun mesmo tema xa falado.
???? Respecta o descanso das usuarias de este chat: evita enviar mensaxes en horas de descanso.